CRTVG

Buscar

A chuvia e as bolsas de auga nas estradas están provocando accidentes en toda Galicia

Publicado o 12/12/2019 20:15

A chuvia e as bolsas de auga nas estradas están provocando accidentes en toda Galicia. Por sorte, ningún deles tivo consecuencias graves.

En Ourense, un condutor salvou a vida de milagre cando circulaba pola autovía A-52. O seu coche precipitouse dende unha altura de 50 metros. E el só tivo feridas leves. Na Pobra do Caramiñal un vehículo saíu da autovía e catro persoas resultaron feridas. Tamén saíu da estrada un vehículo en Santo André de Lourizán, na autovía Marín Pontevedra.

En Santiago, un camión non deu freado e atropelou unha muller no polígono do Tambre. Aínda que case nin a rozou.

E no Milladoiro, en Ames, produciuse esta tarde outro accidente tamén sen consecuencias graves.

Noticias web

12/12/2019