CRTVG

Buscar

A chuvia do outono atrasa a produción deste ano dos grelos

Publicado o 20/01/2020 14:35

Fibra, vitaminas A, B e E, manganeso, cobre, potasio, magnesio e moito ferro. Todo iso e, sobre todo, un sabor potente e inconfundible fan que os grelos estean entre as verduras de inverno máis apreciadas en Galicia, onde se recollen, aproximadamente, cen mil toneladas cada ano. Estamos, agora, na temporada forte do grelo, aínda que este ano a cousa vai con certo atraso.

Iso, unido á falta dunha remuda xeracional no campo fai que a produción quede un pouco xusta e, a estas alturas do ano, encarece o produto. A día de hoxe o monllo de grelos de entre 800 e 900 gramos ten un prezo, en grandes superficies e froiterías, de entre dous euros e medio e tres euros.

Unha Indicación Xeográfica Protexida garante, desde 2009, a calidade dos grelos galegos. Préstanse a seren cociñados de mil maneiras diferentes, desde as máis simples ata as máis sofisticadas, pero sen dúbida son, co porco, o ingrediente estrela dun bo cocido galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020