CRTVG

Buscar

A chuvia dará unha tregua na noite de San Xoán

Publicado o 21/06/2019 13:33


A dous días da madrugada máis máxica do ano, todas as miradas están postas no ceo. Polo momento, todo apunta a que a chuvia vai dar unha tregua, por pouco, e permitirá que o lume sexa o protagonista da noite en toda Galicia.

E pode ter algo que ver niso que hoxe arredor das seis da tarde comece o verán, no medio dunha xornada anticiclónica, aínda que isto non signifique que poidamos gozar de estabilidade nos próximos días.

As previsións para a semana que vén non avanzan cambios significativos nas condicións meteorolóxicas. É a partir do mércores cando se espera que volvamos a gozar de temperaturas agradables e ceos descubertos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2019