CRTVG

Buscar

A China informa de só tres novos casos, dous procedentes do estranxeiro

Publicado o 27/04/2020 08:59

Os novos casos de coronavirus continúan descendendo na China ata os tres rexistrados este domingo, dous deles procedentes do estranxeiro.

O único caso local rexistrouse no norte do país, nunha provincia fronteiriza con Rusia.

Aínda que as autoridades sanitarias non ofrecen cifras de falecidos no seu último informe, si anuncian un novo morto que se engade ao reconto de decesos polo coronavirus.

Os infectados son máis de 82.000, dos cales continúan activos uns 700.

Noticias web

27/04/2020