CRTVG

Buscar

A China pecha as fronteiras a partir do sábado

Publicado o 27/03/2020 14:41

A China pechará a partir deste sábado a entrada ao país da maioría de cidadáns estranxeiros para evitar o rebrote do coronavirus.

A medida afecta os foráneos que teñen visados anteriores ou permisos de residencia en vigor. Estarán excluídos os diplomáticos ou os estranxeiros en misión ofical.

Tamén os que teñen visado de tipo C, que se asigna aos traballadores de transporte, ou a aqueles que cheguen en tránsito.

Os estranxeiros que necesiten desprazarse á China por negocios ou por razóns humanitarias poderán solicitar novos visados nas embaixadas e consulados, que si serán aceptados nas fronteiras do país.

Noticias web

27/03/2020