CRTVG

Buscar

A China e os EUA comezan ensaios clínicos de vacinas contra o coronavirus

Publicado o 18/03/2020 21:30

Parello á propagación da epidemia desenvólvese unha carreira para lograr unha vacina contra o coronavirus. Hai unha vintena de proxectos en diferentes fases. Os máis avanzados están na China e nos Estados Unidos, onde comezaron os ensaios clínicos. Con todo, os expertos advirten de que poden pasar meses, incluso un ano, ata ter unha vacina segura no mercado.

Os investigadores tamén van desentrañando algunhas incógnitas sobre este patóxeno. Puideron determinar que sobrevive ata tres horas no aire e tres días en superficies de plástico ou aceiro.

 

Noticias web

18/03/2020