CRTVG

Buscar

A chegada da tormenta tropical Dorian pon Porto Rico en estado de emerxencia

Publicado o 27/08/2019 10:15

Porto Rico declarou o estado de emerxencia. A illa prepárase para a chegada de Dorian, a tormenta tropical que avanza cara ao Caribe intensificando a súa forza.

Témese que se converta en furacán para cando pase por Porto Rico, en cuestión de horas, e agárdanse refachos de vento sostidos de 120 quilómetros á hora. A poboación xunta víveres, e as autoridades xa habilitaron refuxios para axudar as familias que viven baixo fráxiles teitos de láminas.

Dorian chega dous anos despois de María, o furacán que deixou 3.000 mortos e desabastecemento de auga potable na illa durante meses.

Noticias web

27/08/2019