CRTVG

Buscar

A CE pedirá que se reúna o comité encargado de supervisar o cumprimento do acordo do 'brexit'

Publicado o 10/09/2020 09:38

A Comisión Europea pedirá que se reúna o comité encargado de supervisar o cumprimento do acordo de retirada do Reino Unido da Unión Europea, o brexit, para que estude o plan de Boris Johnson de modificar o status da fronteira norirlandesa.
O primeiro ministro británico mostrouse disposto a convocar unha reunión extraordinaria do comité supervisor tan pronto como sexa posible.
As autoridades comunitarias advertiron de que as intencións de Boris Johnson supoñerían unha violación do dereito internacional e socavan a confianza entre Londres e Bruxelas en plenas negociacións para consensuar o marco legal da relación que manterán a partir do próximo 1 de xaneiro.

Noticias web

10/09/2020