CRTVG

Buscar

A catedral de Lugo cobra desde hoxe 5 euros de entrada para visitar o templo e os museos

Publicado o 18/06/2019 20:40

Dende hoxe hai cambios na catedral de Lugo. Entra en funcionamento un novo servizo para regular o acceso ás visitas culturais e turísticas, polas que haberá que aboar cinco euros. Con esta entrada poderase visitar a catedral, o museo e as torres. O acceso será libre e gratuíto só para aquelas persoas que se acerquen ao templo rezar ou ás celebracións eucarísticas.

A catedral de Lugo comeza una nova andaina. Ata o de agora era común ver imaxes coma estas en que turistas e peregrinos accedían libremente ao templo e totalmente de balde, pero hai cambios. O cabido da catedral asinou un convenio cunha empresa externa para a xestión das visitas que arranca en período de proba e de forma progresiva. Establécese un horario para as visitas e a entrada xeral custa cinco euros. Sinalan que buscan así unha mellor organización ante o incremento do turismo.

Destacan que a catedral é un centro de oración e culto coa súa particularidade, única no mundo, da exposición permanente do Santísimo no seu altar maior, por iso queren garantir, a través das visitas organizadas, o ambiente de silencio e recollemento. Con todo, subliñan que o acceso será libre e de balde para quen se achegue ata aquí para rezar ou ás celebracións eucarística e para os residentes da diocese de Lugo.

Os cambios comezan a verse xa dende fóra. Os accesos clásicos e máis utilizados, como os da porta norte ou a entrada da fachada principal, estarán pechados dende as once da mañá ata as sete da tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019