CRTVG

Buscar

A casa de Charo e Nano, un referente da iluminación de Nadal en Ordes

Publicado o 27/11/2020 21:30

Hoxe estrean a decoración de Nadal na casa de Charo e Nano, dous veciños de Ordes que xa son un referente do Nadal en Galicia. estes dous veciños da parroquia de Montaos, en Ordes, toman moi en serio a decoración de Nadal. Este ano tardaron dous días enteiros en adornar a súa casa, que entre outras cousas ten máis dun quilómetro e medio de luces na fachada e nas árbores. Como novidade instalaron un Papá Noel de catro metros. 

Noticias web

27/11/2020