CRTVG

Buscar

A carta dos Reis dos nosos maiores

Publicado o 05/01/2019 21:26

Así é o cantar de Reis que nunha noite coma esta, levaba a Manuel polas portas dos veciños de Cambados para pedir polo aguinaldo. Tampouco pedían moito porque pouco había, pero as normas eran as mesmas de hoxe, como nos conta Esmeralda González
"Había que deitarse cedo. Primeiro deixabamos quedar os zapatos na ventá e alí botábannos o que nos tiñan que botar: os lazos para os periquetes, algunha roupiña interior, e unha boneca de cartón ou de trapo, e nada máis. "

Tamén os zapatos de Olga Querol quedaban na ventá á espera de que unha maga, deixase neles outra boneca de trapo, ou unha corda de saltar. E con iso era suficiente.
" Porque con pouco tamén é un feliz, porque non só con moitos xoguetes e con estes tan grandes e con estoutros se é feliz".

E hoxe, cediño, chegáronlles os Reis á residencia de Ribadumia na que viven, e trouxéronlles un anticipo desta noite. Pero as súas verdadeiras peticións, contáronnolas antes de se deitar.

"Pois pido saúde para o meu marido e para min, porque o teño aquí con alzhéimer." Dinos Olga
"Saúde para os meus fillos e para o meu neto, e paz e traballiño". Pide Esmeralda.
"Eu pediríalles tantas cousas, pero unha delas é que estivera conmigo a compañeira, pero non está. Son dez anos!". Bota de falta Manuel.

Con ese recordo e coa ilusión adormecerán esta noite.

Noticias web

05/01/2019