CRTVG

Buscar

A carga de ladrillos dun camión cae sobre tres coches en Barro

Publicado o 18/08/2020 20:34

Arrepiante o accidente acontecido esta tarde en Barro. Parte do cargamento de ladrillos que transportaba un camión que circulaba en dirección a Santiago desprendeuse, esmagou por completo un vehículo e causou danos noutros dous que estaban aparcados a carón dun bar no lugar da Portela. A sorte quixo que nese intre non houbese ningún ocupante no seu interior nin tampouco clientes na terraza.

Noticias web

18/08/2020