CRTVG

Buscar

A canoa galega lidera o panorama español tal e como se demostrou esta fin de semana en Sevilla

Publicado o 18/03/2019 18:04

E por último, máis éxitos do piragüismo galego. Campionato de España de Inverno de Piragüismo en Sevilla. Iago Monteagudo, do Club Naval, gañou na categoría sub-23. En C1 sénior houbo pleno galego. Tono Campos e Diego Romero, do Breogán, foron o primeiro e o segundo, respectivamente. O terceiro foi Manu Garrido, do Tudense. Iván Alonso, do Olívico, quedou de segundo por detrás de Paco Cubelos. En dúas semanas volverán competir en Asturias no selectivo para estaren nos xogos do Xapón.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019