CRTVG

Buscar

A canle dun mestre vigués revoluciona a filosofía con millóns de visitas

Publicado o 29/04/2019 16:21

A Filosofía ten cada vez menos espazo no currículo escolar, pero pola contra parece que gaña audiencia fóra das aulas. Unha canle de vídeos de filosofía, creada por un profesor de Vigo, roza xa os doce millóns de visitas.

Daniel Rosende di que se namorou da filosofía grazas a un profesor que lle contaxiou esa paixón cando era estudante. Agora el tenta facer outro tanto cos adolescentes aos que lles dá clase de maneira presencial ou virtual.

"Ola rapaces, nesta canle imos facer un 'unboxing' dos principais temas de filosofía académica. Desempaquetamos o pensamento de Sócrates, Platón ou Kant?"

É converteuse na canle de Filosofía en español con máis seguidores do mundo... Iso déixame abraiado e cando empecei este proxecto nunca o imaxinara tal.

Empezou hai tres anos e neste tempo subiu máis de 40 vídeos á súa canle de filosofía en Youtube. Supera xa os 165.000 subscritores e rexistrou preto de 12 millóns de visitas.

E convertiuse na canle de Filosofía académica en español con máis seguidores do mundo... Cando empezou o proxecto nunca imaxinara tal.

"Non somos así, non actuamos así!! é a quebra moral!!" di o protagonista dun videoxogo.

Daniel Rosende, profesor de Filosofía: "A miña aposta foi esa, relacionar a Filosofía co cotián, actualizar os mitos clásicos cunha linguaxe do século XXI e usar o sentido do humor.".

Grazas ao éxito virtual, acaba de publicar unha historia da filosofía igual de desenfadada en formato libro. É a sua maneira de xerar interese polos saberes humanistas e reivindicar que recuperen espazo no ensino en paridade coa ciencia e a tecnoloxía.

Se te axudamos a entender un pouco mellor a Filosofía recorda que te podes suscribir e compartir o vídeo cos teus compañeiros de clase ou amigos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019