CRTVG

Buscar

A campaña de vacinación antigripal adiántase unha semana

Publicado o 30/09/2019 15:03

O 14 de outubro comeza en Galicia a campaña de vacinación antigripal, e o período de administración da vacina estenderase ata o 27 de decembro. 11 semanas, unha máis do habitual, en que as autoridades sanitarias disporán de 615.000 doses de protección fronte a un virus que o ano pasado provocou a morte directa de 122 persoas. Son 7.000 vacinas máis que o ano pasado, porque tamén se amplía a poboación diana.

Andrés Paz-Ares, director xeral de Saúde Pública asegura que "por primeira vez inclúense nenos de entre seis meses e dous anos de idade prematuros, nacidos antes das 32 semanas".

As persoas con trastornos de coagulación tamén serán chamadas a recibir a vacina, xunto cos maiores de 60 anos, o persoal sanitario e outras persoas con factores de risco.

O ano pasado vacinouse o 59% da poboación maior de 65 anos. O obxectivo é chegar ao 65%. Na franxa de idade de 60 a 64 anos, a cobertura chegou ao 24% e preténdese acadar o 35%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019