CRTVG

Buscar

A campaña da gripe comezará o 14 de outubro, con vacinas máis fortes e máis doses

Publicado o 26/09/2019 20:06

O Sergas aumenta este ano un 60% o presuposto para a campaña da gripe para comprar vacinas máis potentes e 7.000 doses máis que o ano pasado para chegar a máis xente.

Nesta edición a vacina ofrecerase gratuitamente aos colectivos habituais, é dicir, maiores de 60 anos, profesionais de centros pechados, persoas con doenzas cardiovasculares ou respiratorias ou embarazadas. Como novidade, a este grupo de risco súmanse este ano os nenos de entre seis meses e dous anos que naceron prematuros e persoas con trastornos na coagulación.

Haberá 900 puntos de vacinación en toda Galicia e os profesionais sanitarios poderán inmunizarse unha semana antes de que comece a campaña, que arranca o 14 de outubro e rematará o 23 de decembro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019