CRTVG

Buscar

A campá maior de Notre Dame volve soar no aniversario do incendio da catedral

Publicado o 15/04/2020 21:24

Hoxe fixo un ano do incendio que destruiu parcialmente a catedral de Notre Dame. A esta hora o mundo vía sobrecollido como as lapas devoraban un dos grandes símbolos de París. Hoxe, coas obras paradas pola crise do coronavirus volveron facer soar a Emanuel, a campá maior da catedral. Pero non o fixo á hora en que se declarou o incendio, senon ás oito da tarde para sumarse ao aplauso que lle dan cada serán os franceses ao persoal sanitario dunha pandemia que xa provocou 17.000 mortes no país.
 

Noticias web

15/04/2020