CRTVG

Buscar

A Cámara dos Comúns aproba por ampla maioría o 'brexit' de Johnson

Publicado o 09/01/2020 18:54
A Cámara dos Comúns aproba por ampla maioría o 'brexit' de Johnson

A Cámara dos Comúns deu este xoves luz verde por unha clara maioría á lexislación para ratificar o acordo sobre os termos de saída do Reino Unido da Unión Europea (UE), que continuará agora a súa tramitación na Cámara dos Lores. Por 330 votos a favor e 231 en contra, a maioría absoluta do Goberno do primeiro ministro, o conservador Boris Johnson, impúxose, como se esperaba, na Cámara Baixa.

Antes do Nadal, días despois das eleccións xerais nas que gañou Johnson, os deputados xa deron o seu visto e prace preliminar a un texto que permitirá ao Reino Unido romper os seus lazos co bloque comunitario o próximo día 31. A lexislación someterase agora ao escrutinio dos Lores, onde o Goberno non conta cunha maioría asegurada e a súa tramitación podería sufrir atrasos.

Se os Lores modifican o texto, a lexislación deberá volver ser votada nos Comúns. Noutro caso, estará lista para recibir o asentimento final da raíña Isabel II. Un portavoz de Downing Street, despacho oficial do primeiro ministro, pediu aos parlamentarios que non entorpezan a aprobación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020