CRTVG

Buscar

A Cámara de Representantes inicirá a redacción de cargos contra Trump para o 'impeachment'

Publicado o 05/12/2019 15:58
A Cámara de Representantes inicirá a redacción de cargos contra Trump para o 'impeachment'

A presidenta da Cámara de Representantes de EE. UU., a demócrata Nancy Pelosi, solicitou este xoves formalmente aos lexisladores a redacción dos cargos para o proceso de destitución contra o presidente, Donald Trump, a quen acusou de "abuso de poder" para o seu "beneficio persoal".

"A nosa democracia está en xogo. O presidente non nos deixa outra opción", dixo Pelosi nunha intervención desde o Congreso na que remarcou que Trump "abusou da súa poder para o seu propio beneficio político persoal a expensas da seguridade nacional" de EE. UU.

Así mesmo, afirmou que "as accións do presidente violaron gravemente a Constitución" e asegurou que toma a decisión con "tristeza e humildade".

A solicitude da presidenta da Cámara de Representantes, a demócrata de máis alto rango no goberno do país produciuse un día despois de que este mércores comezase no Comité Xudicial da Cámara Baixa a segunda fase da investigación para un xuízo político contra Trump.

Despois de dúas semanas de audiencias públicas dirixidas polo Comité de Intelixencia da Cámara, encargado de atopar probas no comportamento de Trump para iniciar un xuízo político contra el, agora é a quenda do Comité Xudicial, para definir se esas ofensas son suficientes ou non para continuar co proceso.

Unha vez se redacten os cargos, e previa aprobación do Comité, someterase a votación no pleno da Cámara de Representantes, onde se espera que saia adiante sen problemas dada a confortable maioría dos demócratas na cámara de 235 fronte a 199.

Non hai data polo momento para esta votación, pero prevese que se realice antes do final do ano.
O segundo e último capítulo do xuízo político terá lugar no Senado, onde os republicanos conta cunha lixeira maioría de 53 escanos fronte a 47 dos demócratas.

Con todo, as leis esixen para que un proceso de destitución salga adiante que se dea o respaldo de dous terzos da Cámara Alta, polo que sería necesario o voto a favor da destitución de Trump dunha vintena de senadores republicanos, algo altamente improbable.

O actual presidente republicano convértese así no cuarto inquilino da Casa Branca que encara un xuízo político, do que saíron airosos no seu momento Andrew Johnson (1865-1869) e Bill Clinton (1993-2001), e que forzou a renunciar a Richard Nixon (1969-1974) antes de que se producise. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí