CRTVG

Buscar

A calor non é escusa para non levar a máscara

Publicado o 13/07/2020 21:41

Nestes días de verán en que os termómetros escalan por riba dos trinta graos a calor é a nota dominante. A esas altas temperaturas hai que engadirlle este ano un complemento inesperado, o da máscara.

A incomodidade e a calor trae consigo imaxes cando menos curiosas. Vémolas nos cóbados, na gorxa, na man. Pero tamén moita xente resignada levala correctamente e non baixar a garda.

Os profesionais inciden en que a máscara hai que levala sempre. Só contemplan a excepción das persoas que sofren algún tipo de afección respiratoria.

Recomendan ademais non botar cremas nin fotoprotección por baixo da máscara, para evitar posibles problemas na pel.

Noticias web

13/07/2020