CRTVG

Buscar

A calor fixo subir o termómetro aos 39 graos na conca do Miño ourensá

Publicado o 23/06/2020 20:55

Buscando sombra... ou sol, poucos ocos quedaron libres nas beiras do Miño en Ourense. E é que con case 39 graos na cidade a auga do río é o mellor refresco.

Botan de menos as piscinas, que seguen pechadas na cidade coa previsión de abrir o luns. Aos 39 graos chegaron si en Leiro, temperaturas moi altas por riba dos 37 en toda a conca do Miño, en aviso amarelo xunto á comarca do Barco. En Ourense xa están acostumados á calor sufocante.

O verán xa chegou e fíxoo con forza á provincia de Ourense, de novo a máis quente de Galicia. A boa nova é que mañá suavízanse un pouco as temperaturas, pero poden chegar as treboadas.

Noticias web

23/06/2020