CRTVG

Buscar

A calor chega de súpeto no primeiro luns do verán

Publicado o 22/06/2020 14:58

A primeira semana do verán estréase nas Rías Baixas con 30 graos de temperatura máxima nunhas praias que comezan a ateigarse de bañistas. Este ascenso rápido dos termómetros convida a buscar o frescor da beira do mar.

Situación semellante a que viven na Coruña. O bo tempo e as altas temperaturas levaron a moitos a gozar da praia, malia que o acceso achega novidades. Os semáforos controlan agora a cabida, pero non disuaden os que queren gozar dunha apracible xornada de sol a carón do mar.

A conca ourensá do Miño poderá acadar hoxe os 36 graos de temperatura e está en aviso amarelo.

A previsión avanza que logo do San Xoán volverán as nubes e pode que tamén algún chuvasco. O sol volverá saír cara á fin de semana, pero parece que non será con tanta forza coma nestas xornadas.

 

Noticias web

22/06/2020