CRTVG

Buscar

A brétema e a brisa mariña condicionaron o día de praia

Publicado o 29/05/2020 20:16

O día de praia quedou condicionado este venres nas Rías Baixas pola brétema e a brisa mariña, que mitigaron a sensación de calor. Nalgúns concellos como Vilanova de Arousa ou O Grove os termómetros volveron alcanzar os 30º. Máis ao sur, no Morrazo, algúns buscaron alivio nos bares de praia, abertos desde o luns nalgúns sitios.

Nas zonas costeiras da Coruña e de Lugo a brétema foi constante, pero os bañistas non desaproveitaron a posibilidade de ir á praia. As temperaturas notaron a entrada da néboa e rexistraron un descenso en relación á xornada anterior. Na Coruña, por exemplo, os termómetros non subiron dos 23º, sete menos que o xoves.


 

Noticias web

29/05/2020