A borrasca Bárbara trae moito vento e chuvia na montaña de Ourense e no sur de Lugo
Publicado o 20/10/2020 09:25
Hoxe, todos pendentes da borrasca Bárbara. Sentirase desde a tarde e traerá moito vento e chuvia nas zonas de montaña.
Teremos ceos totalmente cubertos e chuvias por toda Galicia, pero a maioría de chuvias caerán na provincia de Ourense e na de Lugo.
Hai que destacar unha incidencia derivada desta borrasca: en Vigo, unha persoa foi golpeada por un cartel publicitario por causa dos fortes ventos que houbo.
Máis sobre actualidade
18/01/2021 16:50