CRTVG

Buscar

A borrasca Amelie mantén en alerta 14 comunidades

Publicado o 04/11/2019 14:46

Catorce comunidades de toda España seguen en alerta pola chegada de Amelie, a primeira gran borrasca da temporada. 

O risco maior está no Cantábrico, onde poderían rexistrarse fenómenos atmosféricos considerados como pouco habituais. No Mediterráneo hai alerta amarella por ondas de ata tres metros. 

Salvamento Marítimo e a Garda Civil rescataron ás 22 persoas que permanecían no interior dunha cova na costa de Xábia, en Alacante.

Estaban practicando paddle surf pero o forte vento e as ondas obrigáranos a buscar refuxio aquí, nunha zona de moi difícil acceso.

Pero é no Cantábrico onde se activou a alerta laranxa por riscos de fenómenos meteorolóxicos considerados pouco habituais e consecuencia da chegada de Amelie, a primeira gran borrasca da temporada.

Unha borrasca que obrigou a activar tamén o aviso amarello por vento en Andalucía, Aragón, as dúas Castelas, a Rioxa e Madrid onde os refachos poden acadar os 80 quilómetros hora
En total, son catorce as comunidades que seguen hoxe baixo os efectos desta borrasca que, segundo a Axencia estatal de Meteoroloxía, comeza a afastarse de España despois de deixar unha muller morta en Palma de Mallorca e un regueiro de estragos.



 

Noticias web

04/11/2019