CRTVG

Buscar

A Bolsa recupera parte das perdas semanais polo novo plan de estímulos do BCE

Publicado o 16/08/2019 19:50

A bolsa tivo un respiro e pechou a sesión cunha forte suba. O Ibex-35 sumou un 1,78%. O motivo, o anuncio de que o Banco Central Europeo prepara un novo programa de estímulos para setembro. Con todo non foi dabondo para recuperar as caídas de xornadas anteriores. Ao longo da semana, a terceira consecutiva de perdas, a Bolsa de Madrid baixou un 1%. Este venres tamén mellorou lixeiramente a rendabilidade da débeda pública despois de que o xoves quedara case a cero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019