CRTVG

Buscar

A bolsa de Madrid cae un 3,44% e queda por debaixo dos 6.300 puntos

Publicado o 18/03/2020 19:23
A bolsa de Madrid cae un 3,44% e queda por debaixo dos 6.300 puntos

A bolsa española perdeu un 3,4 % e queda no nivel dos 6.300 puntos, afectada pola caída das prazas europeas e de Wall Street, nunha sesión en que os investidores seguiron vendendo débeda europea e o barril de petróleo brent caeu ata niveis de setembro de 2003 polo temor ás consecuencias económicas da epidemia de coronavirus. A prima de risco roza os 150 puntos básicos, en máximos dende 2017.