CRTVG

Buscar

A Bienal do Deseño do Porto acolle este ano unha exposición dedicada a Galicia

Publicado o 16/10/2019 15:41

A Bienal do Deseño do Porto é a gran cita do sector en Europa neste 2019. A exposición chamada Galicia 21, o deseño como motor, pódese ser no espazo Wow que Finsa ten aquí na capital do norte de Portugal. Quen a visite vai poder ver exemplos de deseño de botellas, etiquetas, louza ou mobiliario.

Todo coa sinatura galega. Son obras de 40 deseñadores galegos para empresas da nosa terra, pero tamén de fóra. Tamén hai espazo para coñecer as orixes do deseño en Galicia no século XX. Un percorrido pola historia industrial e empresarial protagonizado por traballos de gran relevancia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019