CRTVG

Buscar

A Biblia Kennicott poderá verse no Gaiás por primeira vez en España

Publicado o 14/10/2019 15:42

A Biblia Kennicott, toda unha xoia bibliográfica, poderemos vela dentro de pouco en Galicia. Trátase dunha das biblias xudías máis valiosas do mundo, e foi creada na Coruña no século XV. Exhíbese normalmente en Oxford, pero viaxará en novembro á mostra Galicia, un relato no mundo, no Museo Gaiás.

Será a primeira vez que o manuscrito se poida ver en España, 500 anos despois do exilio dos seus propietarios tras o decreto de expulsión dos xudeus dos polos Reis Católicos. O manuscrito viaxou por Portugal, África e Xibraltar, e durante 300 anos estivo desaparecido.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019