CRTVG

Buscar

A batalla naval da Coruña concentrou milleiros de persoas en Riazor

Publicado o 15/08/2019 09:47


As festas da Coruña chegan ao seu ecuador. Esta noite a batalla naval concentrou no Paseo Marítimo de Riazor milleiros de persoas que presenciaron, un ano máis, a vitoria da cidade fronte o ataque do corsario inglés Sir Francis Drake. Máis de 5000 disparos recrearon o asalto á cidade cun espectáculo de luz e son ao que finalmente acompañou a climatoloxía. As festas de María Pita continúan na cidade con actibidades ata o próximo 30 de agosto.

Noticias web

15/08/2019