CRTVG

Buscar

A balea que apareceu en Oia segue nas rochas ante a imposibilidade de retirala

Publicado o 03/01/2019 14:20

A balea é un exemplar de 30 toneladas de peso e 20 metros de longo. Apareceu o 21 de decembro a e a súa retirada das rochas parece imposible tanto por terra, mar e aire. Dende Salvamento Marítimo xa descartaron a posibilidade de achegarse en barco, polas pedras e pola falta de calado. O seu peso fai imposible que se faga en helicóptero e por terra é inviable.

Con todo, esta balea converteuse en todo un atractivo turístico para veciños e curiosos, sobre todo nas fins de semana. Chegar ata ela é moi complicado e hai que facelo a pé. De feito, Protección Civil do Rosal tivo que valar o seu perímetro polo risco que supón para os peóns. Perigo por esvarar nas rochas e porque este exemplar verte un aceite que as fai máis escorregadizas.

Dende o concellos de Oia e tamén do Rosal confían na subida da marea para solventar un problema que de momento non ten trazas de solucionarse. A única posibilidade é a súa descomposición natural. Os responsables do Cenma aseguran que non suporía risco ambiental ningún.

Noticias web

03/01/2019