CRTVG

Buscar

A Axencia Europea de Seguridade recomenda facturar a equipaxe de man

Publicado o 30/06/2020 14:17

A nova medida para poñer cerco á expansión da covid-19 xa a aplicaban algunhas compañías, pero agora a Axencia Europea de Seguridade Aérea fai extensiva a todas as aeroliñas a recomendación de facturar a equipaxe de man. A partir de hoxe, as compañía poden prohibir que os pasaxeiros leven consigo na cabina as maletas e bolsos de menor tamaño.

Precisamente, axilizar os embarques é unha das razóns desta nova medida. Pero tamén evitar aglomeracións.

"Eu factureina por se acaso, pero a xente no voo meteu a maleta en cabina e non houbo problema. O problema foi á saída, que todo o mundo se aglomerou e foi un pouco caos. Eu penso que debería facturar todas as maletas, porque así se axiliza un pouco máis e non se aglomera a xente", explica unha pasaxeira.

Novas medidas para evitar a circulación da covid-19 no tráfico aéreo, que comeza a ser máis intenso coa apertura das fronteiras da Unión Europea a novos países. Mañá en Galicia recupéranse os voos internacionais. As primeras conexións a estranxeiro desde o aeroporto de Santiago serán con Malta e con Milán.

Noticias web

30/06/2020