CRTVG

Buscar

A avogada de Abuín: "É culpable, pero a dor non xustifica a prisión permanente revisable"

Publicado o 26/11/2019 20:03

Fernanda Álvarez, avogada de José Enrique Abuín: "Teñen que emitir o veredicto en base a probas, e non hai ningunha proba rigorosa de que José Enrique detivera a Diana, a violara e a asasinara".

A avogada de José Enrique Abuín dixo este martes que o Chicle non tivo un xuízo xusto. Que a investigación non foi rigorosa e que os forenses construíron un relato só para incriminar o acusado.

Fernanda Álvarez, avogada de José Enrique Abuín: "Alguén mentiu en contra do acusado nun xuízo en que se pide cadea perpetua e iso é delito. A mentira máis importante é sobre a localización de Diana. A testemuña dixo que estaba a 100 metros da pizzería e eles aferrados á obsesión de que tiña que estar preto das naves abandonadas porque é máis tétrico, pois nada, din que estaba nesas naves".

Fernanda Álvarez, avogada de José Enrique Abuín: "O señor Liste di que o ten claro, que foi violada, pese a dicir no seu informe que non hai ningunha evidencia".

Fernanda Álvarez, avogada de José Enrique Abuín: "O doutor Liste di: que importancia ten o diametro dunha brida? E dío nun asunto en que se acusa unha persoa de esganar unha muller con unha brida!".

Fernanda Álvarez cuestionou toda a investigación. Mesmo dixo que o caso da violación da cuñada de Abuín se reabriu agora para retratalo como un depredador sexual.

Fernanda Álvarez, avogada de José Enrique Abuín: "E agora a fiscala introdúceo neste procedemento e dá por probado que violou a cuñada. Pero isto que é?".

A defensa recoñece que Abuín é o autor dun homicidio imprudente ou doloso, penado con ata 7 anos de prisión. Pero asegura que non hai probas para unha condea de prisión permanente, tal e como solicitan a Fiscalía e a acusación. 

Fernanda Álvarez, avogada de José Enrique Abuín: "É culpable. É responsable da morte de Diana e botouna a un pozo e iso é horrible. É unha dor permanente pero esa dor non xustifica a prisión permnente".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019