CRTVG

Buscar

A Avogacía do Estado defende que Audasa non devolva as peaxes que cobrou durante as obras da AP-9

Publicado o 07/02/2020 15:12

Ás portas do xuízo, que comeza o vindeiro martes, fiscalía e demandantes cren que non procede a participación da Avogacía do Estado.

Máis de douscentos afectados reclaman a devolución dos importes pagados ao considerar que Audasa non prestou o servizo nas debidas condicións porque se produciron grandes atascos. Os usuarios rexeitan o apoio do Ministerio de Fomento á concesionaria. Cren que o Estado debería apoiar os afectados.

A Avogacía do Estado argumenta que a demanda podería supoñerlle un prexuízo económico á Administración e que a concesionaria non vulnerou ningunha norma de contratación pública. Non pensan o mesmo os demandantes, que insisten en que Audasa non cumpriu coas obrigas durante a execución das obras.

Noticias web

07/02/2020