CRTVG

Buscar

A avalancha do voto por correo obriga a Correos a abrir oficinas ata a medianoite

Publicado o 25/04/2019 20:11
A avalancha do voto por correo obriga a Correos a abrir oficinas ata a medianoite

Correos viviu un día histórico este mércores, cunha auténtica avalancha de cidadáns que acudiron votar en toda España. Hoxe aínda hai 500 oficinas que abren ata as 12 da noite para que poidan depositar os seus votos todos os que aínda o teñan pendente.

20 oficinas abren hoxe en Galicia ata medianoite, entre elas esta de Bertamiráns. A Xunta Electoral Central decidiu ampliar de forma extraordinaria tanto o horario das oficinas con máis actividade coma o prazo para votar, que se estende ata mañá ás dúas da tarde, á vista das enormes colas que se estaban a formar.

Correos considera histórica a xornada de onte, en que tramitaron 250.000 votos en toda España. As solicitudes para votar por correo nestas eleccións xerais non chegaron a alcanzar o récord de 2016, pero todo se complicou pola coincidencia coa Semana Santa, en que as oficinas pecharon tres días consecutivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019