CRTVG

Buscar

A autopsia non aclara se o mozo falecido na Noitevella en Oleiros faleceu polo golpe dun cinceiro

Publicado o 24/01/2020 13:57

O Xulgado de Instrución número 2 da Coruña dispón xa do informe preliminar da autopsia do mozo de 31 anos falecido durante unha pelexa en Noitevella no concello de Oleiros. O exame forense conclúe que a causa da morte foi unha hemorraxia na cabeza provocada por un traumatismo craniofacial.

O que non aclara é se o golpe letal ocorreu cando recibiu o impacto cun cinceiro metálico durante a liorta ou cando caeu ao chan. Segundo relata o informe, os forenses atoparon catro hematomas na cabeza do falecido, dous na cara e dous na caluga.

Noticias web

24/01/2020