CRTVG

Buscar

A automoción dispara as exportacións de Galicia, a segunda comunidade coas mellores cifras

Publicado o 25/09/2020 15:33

Galicia foi a segunda comunidade autónoma co maior crecemento de exportacións no mes de xullo.

As exportacións galegas achegáronse aos dous millóns de euros, o que supón un aumento do 4,3 por cento respecto do mesmo mes do ano pasado, mentres que no conxunto de España a variación é negativa.

Segundo o barómetro mensual do Foro Económico de Galicia, a automoción lidera as vendas ao exterior.

Tamén medran as exportacións de produtos agroalimentarios, mentres que o sector téxtil frea a súa recuperación.

Noticias web

25/09/2020