CRTVG

Buscar

A autoestrada do mar recupera as conexións

Publicado o 17/06/2020 14:33

Aínda que o tráfico de contedores e de carga convencional se mantivo, o certo é que o reforzo das rutas con Francia estaba pendente do incremento da produción de vehículos na planta de PSA. Os buques que saen da terminal de Bouzas fano cargados de coches fabricados na factoría de Balaídos.

O sábado, a autoestrada do mar recupera as tres rutas semanais co porto de Nantes con dous buques operativos. O que polo momento non se recupera é a conexión con Tánxer.

A autoestrada do mar ocupa o terceiro posto en tráfico ro-ro en España e as cifras do último ano achegáronse ás do porto de Barcelona. A crise sanitaria impedirá obter tan bos resultados neste exercicio, no que tamén se ve afectado o tráfico de transatlánticos, con 41 cancelacións no porto de Vigo. Está previsto que a finais de agosto chegue o primeiro cruceiro e a partir de aí espérase que a temporada comece a recuperarse.

Noticias web

17/06/2020