CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional xulga unha veciña de Baralla pola ablación xenital da súa filla

Publicado o 17/12/2019 14:23

Unha veciña de Baralla está a ser xulgada en Madrid pola ablación do clítore da súa filla. Os feitos presuntamente aconteceron en 2010 no seu país de orixe, Malí, dous anos antes de asentarse neste concello lugués, cando a nena aínda era un bebé. Non foi ata o ano pasado cando se detectou o caso, a raíz de que o colexio onde estudaba a rapaza puxera en marcha un protocolo de actuación ao saltaren as alarmas por posibles malos tratos.

"Nese momento xa foi a Unidade de Menores quen se puxo en contacto coa Garda Civil e entón derivaron os nenos ao centro de saúde do Corgo para que fosen revisados polos médicos correspondentes. Despois dunha primeira valoración do médico de familia do PAC, chamaron un médico forense, que se desprazou dende Lugo para valorar os menores", relatou Vanessa de Arriba Villares, directora do C.P.I. Luis Díaz Moreno de Baralla.

Polo delito de mutilación xenital, a Fiscalía da Audiencia Nacional pide para a acusada seis anos de cadea.

Noticias web

17/12/2019