CRTVG

Buscar

España pedirá a entrega temporal de Josu Ternera para axuizalo por catro causas

Publicado o 16/05/2019 20:53

Josu Ternera ten 69 anos. Ingresou na ETA con 20. Nela foi desde pistoleiro a xefe político e representante da banda terrorista nas negociacións de Alxer e Oslo.

Francia detivérao por primeira vez no 89. Entregouno a España para cumprir unha condena que o Supremo deu por pagada no país veciño. Hai 17 anos, cando era deputado autonómico fuxiu ao ser citado outra vez pola xustiza. En España ten catro causas pendentes de axuízar e en Francia unha condena de oito anos.

Fernando Grande-Marlaska. Ministro do Interior en funcións:"Iso non impide en modo algún para que haxa unha resolución tamén inmediata no tempo sobre a entrega de Josu Ternera ás autoridades españolas, a Audiencia Nacional polas causas que se lle imputan aquí"

Unha delas é o atentado contra o cuartel da Garda Civil de Zaragoza. Atanasio e Lucía sobreviviron á explosión que matou 11 persoas, seis delas nenos.

Lucía Ruíz. Vítima do atentando contra a casa cuartel de Zaragoza"Chegou o día, detivérono e é unha noticia que temos que valorar as vítimas do terrorismo e a sociedade en xeral porque alguén vaia cumprir e render contas coa xustiza.

Hai agora un ano Josu Ternera fixo o último servizo á ETA. Púxolle voz ao comunicado que anunciou a disolución da banda terrorista.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí