CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional aparta o xuíz De Prada do tribunal que xulgará a presunta 'caixa b' do PP

Publicado o 04/10/2019 19:31
A Audiencia Nacional aparta o xuíz De Prada do tribunal que xulgará a presunta 'caixa b' do PP

O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional apartou o maxistrado José Ricardo de Prada do tribunal que xulgará a presunta 'caixa B' do PP, pois considera que xa entrou a valorar os feitos na sentenza que ditou xunto a outros dous xuíces na primeira época de actividades da trama Gürtel (1999-2005). Segundo informaron fontes xurídicas, a decisión tomouse por unha maioría moi axustada de oito votos fronte a sete. De momento só se coñece o fallo da Sala do Penal; os argumentos expoñeranos nun auto que se fará público nos próximos días. Foron o PP e o ex- tesoureiro do partido Luís Bárcenas os que presentaron os incidentes de recusación, alegando que De Prada xa está contaminado polas conclusións introducidas na sentenza da primeira época de Gürtel, feita pública en maio de 2018 e que levou ao PSOE para presentar a moción de censura contra o Goberno de Mariano Rajoy.