CRTVG

Buscar

A Audiencia de Córdoba confirma as penas para a Manada de Pozoblanco

Publicado o 11/11/2020 18:51
A Audiencia de Córdoba confirma as penas para a Manada de Pozoblanco

A Audiencia de Córdoba confirmou a condena dun ano e seis meses de prisión a cada un dos membros da Manada de Pozoblanco polos abusos sexuais a unha moza en maio do 2016

A Audiencia dá por probados os feitos recollidos na sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Córdoba que condena tamén a José Ángel Prenda a tres anos de prisión por un delito contra a intimidade por gravar as imaxes que recollen os abusos, e reduce a pena a un ano e catro meses para os outros tres membros da Manada por este delito. A única modificación que introduce a Audiencia é que eleva de 10.000 a 25.000 euros a indemnización que deberán pagarlle á vítima.

Noticias web

11/11/2020