CRTVG

Buscar

A Arxentina sumou máis de 10.000 falecidos en outubro

Publicado o 05/11/2020 21:33

Unha media de 350 mortos diarios por coronavirus. Esta é a dura realidade que deixou a pandemia na Arxentina en outubro, un mes en que o país austral se converteu nun dos principais focos do contaxio en América Latina.

Outubro pasará á historia como un dos meses máis negros da pandemia na Arxentina.

O país austral acumulou nese período un total de 10.852 mortes e máis de 400.000 novos casos de coronavirus, as cifras máis altas por millón de habitantes en América Latina.

Aínda así, a situación mellorou un pouco nos últimos días, cunha leve baixada dos contaxios diarios, especialmente na capital e na súa periferia.

O Goberno tamén aproveitou para anunciar a compra de dez millóns de vacinas rusas, coa intención de salvar o maior número posible de vidas.

A Arxentina acumula máis de 1.200.000 contaxios e 32.000 mortes pola covid-19.

 

Noticias web

05/11/2020