CRTVG

Buscar

A Arxentina flexibiliza o confinamento tras decretar a súa terceira prórroga

Publicado o 27/04/2020 21:14

Poucos cambios en Bos Aires tras a extensión do illamento social, preventivo e obrigatorio. Aínda que o Goberno nacional aprobou saídas de ata unha hora de duración por ocio, a capital arxentina e outras tres provincias rexeitaron aplicar esta medida.

Cinco semanas despois, o confinamento segue na Arxentina, pero con certas relaxacións. Nesta etapa, o Goberno outorgará maior flexibilidade ás zonas menos afectadas e autorizará saídas por ocio. Alberto Fernández, presidente de Arxentina:"Todos, en calquera caso, deben saír una hora diariamente, poden saír una hora diariamente e nun radio de 500 metros da súa casa".

Porén, esta medida trouxo polémica. As provincias de Córdoba, Santa Fe, Bos Aires e a cidade de Bos Aires non permitirán estas saídas polo momento, ao seren os principais focos de contaxio.

En calquera caso, a corentena continuará ata o vindeiro 10 de maio na Arxentina, que acumula case 200 mortes polo coronavirus.

Noticias web

27/04/2020