CRTVG

Buscar

A Arxentina estende o illamento con novas excepcións

Publicado o 12/05/2020 09:07

Despois da xornada con maior número de contaxios dende o inicio da pandemia, A Arxentina entrou nunha nova etapa do illamento obrigatorio.

Nunha conferencia de prensa, o presidente pediu extremar aínda máis os coidados na zona da capital e dos seus municipios limítrofes.

Nese sentido, a área metropolitana de Bos Aires manterá as restriccións á mobilidade polo momento, ao representar máis dun 80 % dos novos contaxios.

Deste xeito, A Arxentina cumplirá máis de 60 días en confinamento, nun contexto de profunda crise económica e social.

Noticias web

12/05/2020