CRTVG

Buscar

A Arxentina estende ata o 8 de novembro as restricións pola covid-19

Publicado o 24/10/2020 12:20

A Arxentina alcanzou esta semana o millon de casos de coronavirus, e xa é o quinto país do mundo con máis contaxios detectados. Na xornada do vernes rexistraronse 15.718 contaxios novos e 382 vítimas mortais que elevan a 28.338 os mortos pola pandemia.

O presidente, Alberto Fernández, anunciou que as restricións continuarán ata mediados de novembro nas provincias máis afectadas, ainda que recoñecen que hai "diseminación" do virus por todo o país, ao contrario do que sucedía nos primeiros meses da pandemia.

Noticias web

24/10/2020