CRTVG

Buscar

A Arxentina estende as medidas de confinamento ata o vindeiro 11 de outubro

Publicado o 21/09/2020 20:59

O Goberno arxentino prorrogou outras tres semanas máis o decreto de illamento e distanciamento obrigatorios. Unha decisión motivada pola alto número de contaxios, que fan da Arxentina o décimo país do mundo con máis casos de coronavirus.

A Arxentina cumprirá 205 días de restricións pola pandemia. A maior preocupación sitúase actualmente no interior do país, que esta fin de semana sumou por primeira vez máis casos de coronavirus que a área metropolitana de Bos Aires. De feito, a capital arxentina, onde os contaxios levan 10 semanas estabilizados, flexibilizou aínda máis as actividades relacionadas coa gastronomía, a construción e os cultos relixiosos.

 

Noticias web

21/09/2020