A área sanitaria de Vigo fará seguimento das secuelas dos pacientes que superaron a Covid-19
Publicado o 22/05/2020 19:01

Xa está en funcionamento a unidade Post-covid da área sanitaria de Vigo. Dende a proxima semana, os especialistas comezarán a pasar consulta presencial aos pacientes que xa levan 12 semanas de alta Trátase de estudar as posibles secuelas das pneumonías graves causadas polo coronavirus , polo que lles farán aos pacientes unha avaliación clínica completa. Dependendo das alteracións que detecten, farán un seguimento personalizado, cunha nova avaliación xeral aos 12 meses .