CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Vigo, a máis afectada con máis de dous mil casos activos

Publicado o 01/11/2020 14:58

A área sanitaria de Vigo volve ser a de maior incidencia en coronavirus nas últimas 24 horas. Os 165 novos contaxios deixan a cifra total de casos activos en 2.020, o número maior desde que comenzara a pandemia. Sanidade fará probas PCR nos barrios con máis contaxios da cidade.    

Hai 66 persoas ingresadas en planta coa covid-19 en tres hospitais da área sanitaria de Vigo, 14 en Povisa, 4 no Nosa Señora de Fátima e 55 están neste que ven, o Álvaro Cunqueiro. Esta mañá a choiva de ambulancias e de EPI era constante. Deses 66 ingresados 11 están na UCI, o que supón tres enfermos críticos máis ca onte. Este domingo, por primeira vez desde que comezara a pandemia en marzo hai 2.020 casos activos.

Desde o sábado ás seis da tarde houbo 165 novos contaxios determinados por unha proba PCR. Así estaba este mediodía o AUTO COVID, de novo con ringleiras de coches á espera. O centro da cidade está máis baleiro ca outros domingos. Sanidade xa anunciou que prepara un cribado masivo con probas de detección do coronavirus nos barrios da cidade con máis incidencia.

Hai unha semana había 1.186 casos activos. O número de contaxiados en sete días chega aos 1.265. Ademáis na área sanitaria de Vigo hai 15 concellos en alerta vermella despois de sumárense este domingo Tomiño e Moaña.

Noticias web

01/11/2020