CRTVG

Buscar

A decisión da Xunta arrefría as ilusións dos veciños da área de Pontevedra-O Salnés

Publicado o 03/03/2021 14:04

Moitos cidadáns auguraban cambios, pero na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés quedan como estaban. No nivel alto de restricións, con mobilidade entre os concellos que a conforman pero sen poder desprazarse fóra do limites da área.

Os que miran o ceo son os hostaleiros, porque polo de agora os seus negocios seguirán pechados no interior. Aínda así aceptan a ausencia de cambios, porque o que queren é seguir traballando.

Hai 683 persoas con infección activa na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, con 39 pacientes ingresados en planta e 11 na Unidade de Coidados Intensivos.

Dos vinte e seis municipios que conforman esta área, os peores datos están en Soutomaior, onde si hai cambios. Sitúase no nivel máximo de restricións e terá máis limitacións.  

Noticias web

03/03/2021